Redacción 08/05/2021

O 13 e o 14 de maio @s nen@s da vila poderán homenaxear a Xela Arias con dúas propostas nas que a cultura e a diversión irán da man 

 

 

Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, o Concello de Salvaterra de Miño conta con dúas actividades, unha presencial e outra en liña, dirixidas aos nenos e nenas do noso Concello.

A primeira “Unha tarde con Xela”, terá lugar o vindeiro día 13 de maio no parque “A Canuda”, en horario de 18.00 h a 19:00 h. A actividade consiste nunha xincana onde, en pequenos grupos, os nen@s farán un pequeno percorrido con diferentes postos onde se atoparán @s animador@s. Algúns deles estarán caracterizados de escritores ou escritoras, aos que tamén se lles adicou o día das letras galegas.

En cada posto terán que superar unha proba diferente de destreza, habilidade, enxeño… si superan a proba, se lles entrega un anaco dun poema de Xela Arias. Cando teñan todos os anacos, terán que lograr reconstruír o poema de Xela Arias. Tod@s @s participantes recibirán un agasallo dun conto ilustrado en galego.

A segunda das actividades programadas será o “Caderno de Xela Arias para facer o meu conto”, que terá lugar o vindeiro14 de maio ás 17:30 h.

Este obradoiro trata de elaborar un caderno con elementos cotiás e material de refugallo, para desenvolver online cada cativ@ dende a súa casa, onde poderán desenrolar esta manualidade relacionada coas letras galegas, concretamente sobre a homenaxeada deste ano, a poeta Xela Arias.

Para visualizalo engadirase un enlace, na páxina web e no Facebook do Concello que estará dispoñible durante un mes, para que @s cativ@s, as súas familias e as escolas poidan visualizalo no horario que máis lles conveña.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad