Redacción 06/05/2021

O importe da achega anual co “Porriño Baloncesto Base” é de 90.000 €

 

Este mediodía o presidente do “Porriño Baloncesto Base” José Ruiz, firmou coa alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro de Deportes, David Alonso, a renovación do convenio anual polo que o Concello do Porriño outorga unha subvención nominativa ao PBB por un importe de 90.000 €.

O concelleiro de Deportes, David Alonso Bargiela indicou que o  PBB “é un dos clubes con máis impacto na promoción do deporte base, tanto polo seu traballo coas categorías inferiores como pola visibilidade que lle da o equipo senior en competición nacional, que milita na Liga EBA”, subliñou.

O edil lembrou que con esta achega “estamos a dar continuidade no pulo ao baloncesto que por este Concello con diferentes gobernos municipais, vence realizando desde 1996 por un importe global que xa acadou os 4 millóns de euros, cantidade que se equipara coa que ten recibido o Balonmán Porriño e que supón un trato preferente sobre outros deportes” reivindicou o concelleiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad