Redacción 04/05/2021

A deputada do PPdeG presentou á Mesa do Parlamento galego unha PNL na que solicitara á Xunta, gobernada polo seu mesmo partido, para que requira ao Goberno central o arrranxo da estrada. O “lamentable estado da vía principal”, así como das de servizo e carrís de acceso, e o “descoido neste senso por parte do Goberno de España”, motivan esta iniciativa do PPdeG. O pasado setembro, o Goberno central licitou contratos por valor de 26 millóns de euros para a conservación da A55 e outros viais, e a deputada considera que “chega tarde”.

 

A semana pasada o Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou á Mesa do Parlamento para o seu debate en comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, unha Proposición non de lei sobre os desperfectos e a falta de mantemento da A-55, concretamente no seu tramo Porriño-Mos. A deputada Feli Rodrígiez visitou Mos para presentar a iniciativa ao goberno local.

A proposición ven motivada polo estado lamentable tanto da vía principal da A-55 como dos carrís de servizo e os accesos, e mediante a que O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a requirirlle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servizo paralelas.

Rodríguez poñía algúns exemplos do acusado deterioro da autovía. Trátanse do carril de servizo/acceso desde O Seixo á gasolineira de Tameiga, do carril de servizo desde A Porteliña a Curuxeira, onde “se está deplomando o muro no que se sustenta”, os carrís de acceso á A52 xa chegando a Porriño, etc… A parlamentaria mosense denuncia neste senso que “desde o Ministerio de Transportes e Mobilidade se parchease a estrada dunha forma deficitaria e provisional, cando o que necesita unha vía de semellante perigo e semellante densidade de tráfico é unha nova capa de rodadura de asfalto de seguridade, dotada de sistema de drenaxe de augas”.

A A-55, concretamente o seu tramo Porriño-Mos, trátase dunha estrada de titularidade estatal cun asfalto muy deteriorado. Trátase tamén dunha das autovías máis perigosas da Comunidade Autónoma, habendo zonas de inmensas fochas, sobre todo ao seu paso por Mos e Porriño, incrementándose o risco os días de choiva e néboa.

Consciente de esta grave situación, recentemente, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou a adxudicación dun contrato para a conservación e estradas da provincia de Pontevedra que inclúe actuar na A-55 mediante unha intervención cuxo alcance e inicio previsto se descoñece. “É obvio que esta actuación chega tarde. E cómpre ter en conta que non só está deteriorada a Autovía A-55, senón que se atopan en igual condición de deterioro os carrís de servicio paralelos á autovía, que dan servicio aos barrios de Mos, e os carrís de incorporación á mesma; o firme está moi deteriorado, incluso hai zonas onde o carril se está a desfacer por desplome do terreo onde se sustenta”, destaca Feli Rodríguez.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad