Será este sábado no Centro Cultural Municipal ás 19.00 h e contará con representantes do pobo saharaui
A Concellería de Cultura ten programado para mañá sábado 24, un acto de clausura coa ocasión da finalización da exposición “Texturas dunha guerra invisible”, no Centro Cultural Municipal.
Consistirá na proxección -en colaboración co Festival de Cans- da película “Hamada”, de Eloy Domínguez Serén.
O propio director do filme asistirá e participará nun faladoiro que se desenrolará a continuación, no que tamén intervirán co Delegado Saharauí en Galiza, Mohamed Zerga; a Presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla; e a artista, Galia Baba Chamah.
O acto comezará ás 19:00 h e co aforo restrinxido polos protocolos anti-Covid.