O CEIP de Pazos de Reis é un dos centros participantes nesta iniciativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO
A Rede de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre @s estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red. A temática do concurso é a “Viaxes sefardíes”, e pretenderá que os alumn@s reflexionen sobre as diferentes motivacións das viaxes, desde o lecer, ao comercio pero tamén o exilio e a fuxida.
O CEIP de Pazos de Reis sumouse a este programa educativo e abre así a participación por vez primeira dos centros educativos tudenses nesta proposta que impulsa a Red de Juderías de España–Caminos de Sefarad á que pertence o Concello de Tui dende marzo de 2019.
Na edición do ano pasado, máis de 500 escolares de toda España participaron no xogo de preguntas e respostas online Pequenos Descubridores. Recibiron máis de 200 relatos ao II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo fabulosos premios e 25 foron seleccionados para edición dun libro que se pode ler na web da Red de Juderías.
Este ano, segundo informa o Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, valémonos da paixón dos nosos mozos e mozas polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudía nos nosos días. A través de fabulosos materiais propómoslles reflexionar sobre as viaxes do mundo xudeu e sobre as diferentes motivacións que pode levar ao ser humano a emprender unha longa viaxe. O programa que consta dun vídeo educativo, unha exposición virtual e un caderno de traballo con preguntas e respostas, está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO. Os interesados en recibir mais información sobre este programa e como poden levalo a cabo no seu centro, deben poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico descubridores@redjuderias.org
Ademais, e por terceiro ano consecutivo, calquera alumno de 6º de Primaria ou de 1º curso da ESO que o desexe poderá participar no III Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España que outorga fabulosos premios en viaxes. Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, euskera ou galego e a extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título). O prazo para enviar os relatos está aberto ata o 15 de maio de 2021.Pódese ampliar esta información e consultar as bases en: https://redjuderias.org/3a-concurso-de-microrrelatos-2020/.