Redacción 19/04/2021

O goberno local constituíu unha “Mesa de La Vuelta 21” nos exteriores dunha capela de Herville, trala que anunciou a celebración do acto de presentación da etapa de La Vuelta 2021 que percorrerá Mos. Neste acto, que terá lugar o vindeiro mércores 21 na Cidade Deportiva Afouteza, estarán presentes altos cargos da Xunta, o director de La Vuelta, Javier Guillén; Óscar Pereiro e o presidente do RC Celta de Vigo.

 

Coincidindo co Día Mundial da Bicicleta, o Concello de Mos convoca a súa “Mesa de La Vuelta”. Na competición deste ano, será meta da etapa 20 o Castro de Herville, na parroquia de Cela, o 4 de setembro. A primeira xuntanza desta Mesa lugar esta tarde nos exteriores da Capela da Virxe das Neves de Herville contando coa presencia da alcaldesa de Mos, os concelleiros de deportes e turismo e os edís das parroquias de Cela e Pereiras con representantes do Centro Cultural e Social de Herville e da Comunidade de Montes de Herville, membros da empresa coordinadora das actividades relacionadas con La Vuelta, e “representantes do tecido asociativo empresarial, educativo, veciñal, cultural, deportivo, etc.”, informa o Concello. 

Durante esta sesión constitutiva da Mesa de La Vuelta 21 anunciouse que o vindeiro mércores 21 de abril as 19.00 horas, a polémica Cidade Deportiva do RC Celta, Afouteza, será esceario da presentación oficial da meta en Mos da etapa 20. Á devandita presentación asistirán o director de La Vuelta, Javier Guillén, xunto con Óscar Pereiro, representantes do Concello, altos cargos da Xunta, como o vicepresidente; o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño; e outras autoridades. A presentación retransmitirase en directo desde a páxina oficial de Facebook do Concello de Mos. Outros puntos tratados no orde do día da Mesa desta tarde foron a presentación e benvida dos novos integrantes da mesma, a exposición dos datos sobre a etapa 20 con meta en Mos e dos proxectos, iniciativas e actividades conmemorativos do evento deportivo durante os vindeiros meses previos á etapa; e finalizouse cunha rolda de rogos e preguntas.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quixo esta tarde “poñer en valor o potencial ciclista desenvolvido no municipio durante os 2 últimos anos, sendo saída e chegada de La Vuelta Ciclista a España, edicións 2020 e 2021. Aproveitou tamén para destacar o agradecemento a Óscar Pereiro por ser “o primeiro e principal valedor de Mos”, por volver a “situar a Mos no mapa e a convertilo xa, indiscutiblemente, en emblema nacional do ciclismo”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad