O que fora xefe da Policía Local do Porriño falecía onte aos 78 anos de idade
A alcaldesa do Porriño, Eva García; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Esta tarde terá lugar o funeral que se celebrará na igrexa de Santa María do Viso (ás 18.00 h).
Cunqueiro chegou a O Porriño procedente de Vigo e estivo en activo 25 anos, período no que fora xefe da Policía Local ata a súa xubilación no 2008.
Na imaxe adxunta, sen dúbida histórica, aparece xunto co anterior alcalde, Xosé Manuel Barros, o anterior presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o vicepresidente, Xosé Luis Barreiro Rivas e co Gobernador Civil da provincia, daquela Virginio Fuentes.