![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2021/04/images_2021_ABRIL_LogoCIG.jpg)
Esta nova mobilización tivo lugar o xoves, 8 de abril de 2021 ás 11:30 horas, na ferretería Coballes
A Unión Comarcal da CIG de Vigo convocou unha nova mobilización para rexeitar a represión sindical que se vive na empresa Depósitos Coballes do Rosal e o acoso laboral ao que está sometido o persoal que apoiou a central nas eleccións sindicais ou que é membro do comité.
Tras a manifestación celebrada o pasado 18 de marzo, nesta ocasión desenvolveu unha concentración diante da Ferretería Coballes da Guarda, e non descarta medidas máis contundentes como unha folga para facerlle fronte á actitude da dirección, que mesmo despediu o traballador máis activo sindicalmente días antes da presentación do preaviso do proceso electoral.