Redacción 01/04/2021

O Pleno do pasado luns 29 de marzo aprobou por unanimidade as bonificacións do Imposto de Bens Inmobles 2021 ás asociacións mosenses que contan con local social e que así o solicitaron.

 

Na sesión plenaria ordinaria do mes de marzo celebrada onte luns día 29 no Pazo de Mos a Corporación Municipal mosense aprobou, co apoio de todos os grupos políticos, bonificar o IBI a cinco asociacións do Concello. Esta medida entrou en vigor o ano pasado, xusto nun duro momento da nova crise sanitaria da COVID-19 que comezaba, e que se mantén no presente exercizo para colaborar e apoiar ás asociacións do municipio que tamén están a sufrir as consecuencias da pandemia.

Para poder poñer en marcha esta medida o Concello de Mos aprobou en Pleno en decembro de 2018 a modificación da Ordenaza Fiscal Reguladora. Deste xeito púidose levar a cabo xa o pasado 2020 a bonificación do 95% no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles) a asociacións mosenses que así o solicitaron. Neste caso as asociacións que terán bonificado o pago do IBI 2021 dos seus locais sociais son a Asociación Veciñal e Cultural Ledicia, a Asociación de Veciños Santa Baia-Mos a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, Centro Cultural e Social de Herville e Asociación Veciñal Cultural e Ceportiva Celado.

Grazas á modificación da ordenanza fiscal segundo permite a da Lei de Facendas Locais, que dá a posibilidade de que os concellos poidan regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, pódense aplicar ás das mencionadas agrupacións mosenses. Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros. Trátanse, di o Concello, de medidas tributarias dirixidas ao impulso da actividade económica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad