Tras meses de traballo online os representantes mantiveron un encontro presencial e animan á participación doutr@s nen@s
Algúns dos voceir@s do grupo de participación infantil do Concello do Porriño mantiveron unha reunión presencial, cumprindo coas medidas de seguridade que permiten reunións de ata 6 persoas non conviventes e aproveitando as vacacións de Semana Santa.
Puideron poñerse cara sen unha pantalla de por medio para seguir compartindo ideas, impresións, e preparar o traballo que realizarán nos vindeiros meses.
Entre outras temas pensaron nas propostas que lle farán ao Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, co que se reunirán nun encontro organizado por UNICEF e no que participarán tamén representantes doutros concellos “amigos da infancia” de Galicia.
Fixérono nos soportais da Casa do Concello, e aproveitaron a ocasión para animar ao resto de xente nova do municipio a unirse ao grupo, para acadar así unha representación máis diversa.
Os nen@s que desexen participar poden poñerse en contacto coa OMIX do Concello do Porriño, a través do número de teléfono 986 337 624 ou directamente co equipo dinamizador no 604 086 970.