Redacción 27/03/2021

Un equipo técnico enviado polo Museo do Prado retirou e trasladou cara a Madrid, o cadro “A prisión de Francisco”, que estaba en depósito nas dependencias do Concello do Porriño desde o século pasado

O óleo, obra do pintor italiano Giovanni Migliara foi cedido polo Museo do Prado ao Concello con data do 11 de decembro de 1929. A pintura estivo colgada nunha das paredes da antigas oficinas da alcaldía durante 92 anos.

É parte do que se chama “El Prado disperso”, que denomina as obras das diferentes coleccións pictóricas que o Museo cedeu debido á escaseza de espazo de exposición nas súas dependencias desde que abriu ao público, en 1819.

Máis dun século despois, a partir de 1980, a dirección do Museo do Prado comezou unha revisión dos depósitos feitos para verificar que as obras permaneceron nos lugares e institucións que  documentaban os seus arquivos e coñecer o seu estado de conservación.

O levantamento do depósito feito a Porriño responde á decisión do Museo para volver a expoñer a pintura de Migliara nos salas do século XIX. Probablemente a mediados deste ano, segundo o persoal  do Prado. Previamente pasará por un proceso de posta a punto polos restauradores do Museo, aínda que o estado de conservación é bo, segundo comunicaron.

“A prisión de Francisco I” recrea o encarceramento do antigo rei Francia na Cartuja de Pavía, logo de ser derrotado polo emperador Carlos I en 1525. Este lenzo foi pintado por Giovanni Migliara ao redor de 1825 segundo os rexistros do Museo do Prado. A raiña María Cristina de Borbón mercouno e incorporouse aos fondos da pinacoteca nacional.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad