Redacción 25/03/2021

O Bloque presentou iniciativas tanto no Parlamento Español como no Galego para que se producise esa baixada ao 10%

 

 

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego estivo na concentración que tivo lugar o luns na praza de Antonio Palacios do Porriño convocada pola asociación de salóns de peiteado, estética e barberías que reclaman ao goberno estatal a redución do IVE do 21 ao 10%.

Desde o 2012, este sector está a padecer as consecuencias dunha decisión do Goberno do PP pola cal se lles subiu o IVE do 8 ao 21%, coa promesa incumprida da temporalidade na decisión tomada. A día de hoxe mantéñense os tipos e con eles a precariedade dun sector que, primeiro pola crise económica e agora pola pandemia, segue a padecer esta decisión.

O sector foi declarado actividade esencial polo goberno e obrigado a manter abertas as súas portas durante a pandemia da COVID-19 pero está a sufrir a crise como o que máis e, pola contra, non está a recibir axudas nin se cumpre coa rectificación na baixada do IVE prometida no ano 2012.

O BNG presentou iniciativas tanto no Parlamento Español como no Galego para que se producise esa baixada ao 10% e presentou unha emenda aos Orzamentos do Estado no mesmo sentido, todas elas rexeitadas polo goberno actual de PSOE e Unidas Podemos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad