Esta actividade de impulso á inmersión lingüística do Concello conta coa colaboración da empresa Kids&Us
A Concellería de Educación e a OMIX levan a cabo un programa de sesión de contacontos en inglés, dirixidos aos nen@s dos colexios do Porriño coa colaboración da empresa Kids&Us, que conta cunha experiencia de máis de 15 anos.
A actividade comezou onte martes no CPR Hermanos Quiroga e hoxe, continuou no CEIP de Atios ata onde se trasladou a concelleira de Educación Lourdes Moure, para comprobar o desenvolvemento da sesión ao carón de 22 alumn@s de 4ª curso de Educación Primaria.
O obxectivo deste programa denominado “Contacontos en Inglés no cole”, é ofrecer aos máis pequenos unha actividade en inglés de calidade, pensada por e para os nen@s, co fin de impulsar o seu interese e a súa curiosidade cara ao inglés dunha forma lúdica e divertida axudando. Trátase de impulsar a inmersión lingüística desde cativos e a estimulación precoz, a través de contacontos perfectamente guionizados e teatralizados e desenvoltos integramente en inglés, en sesións de 30 minutos aproximadamente.
As sesións de contacontos continuarán despois das vacacións de Semana Santa e rematarán o 9 de abril no CEIP Cruz Budiño, nas que en total, participarán 157 alumn@s dos colexios porriñeses.