A soprano Esperanza Mara é a protagonista de das sesións de ópera para público xuvenil a través do espectáculo “Soprano in distress”
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil pon en marcha sesións do espectáculo de ópera express titulado “Soprano in distress” (Soprano en apuros), dirixida aos alumn@s dos centros de ensino secundario do Porriño.
Trátase dunha nova proposta de performance educativa da soprano Esperanza Mara, levando a cabo unha importante apostando por un formato único, moi creativo e axeitado para a mocidade.
Esperanza Mara e natural da Vila de Noia (A Coruña), e conta cunha longa traxectoria profesional xa que dende os 8 anos comeza os estudos de música, inicíandose na Coral Polifónica de Noia. Aos 15 anos ingresa no Orfeón Terra A Nosa e pertenceu á Compañía Lírica de Galicia, ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e ao Coro da Orquestra Sinfónica de Extremadura. Finalizou o Grado Profesional de Canto e asistíu a cursos e masterclass de importantes mestres, e tamén de idiomas aplicadas ao canto, fonética, etc.
Como soprano quedou finalista nos concursos de Canto do Círculo Bach en Madrid e do Festival de Música Antiga de Gijón. Acadou a Mención Honrosa dos Premios David Rusell
Tamén é instrumentista na especialidade de Violonchelo, pois cursou Grado Superior na especialidade de Violonchelo Barroco; gañando xunto con varias compañeiras da Esmae o 1º premio do Concurso de Música Antiga de Oeiras, ou o premio ao talento musical na Barock Akademie de Austria.Ten ofrecido concertos nas mellores salas de concertos de distintos países
O espectáculo ofrecido ao alumnado porriñés, “Soprano in distress”, realízase na súa versión bilingüe, atendendo ás demandas de formación en competencias lingüísticas que ofrecen os centros de ensino participantes. Onte realizouse nos Institutos Ribeira do Louro e no Pino Manso e hoxe, nos CPR Santo Tomás e Hermanos Quiroga.
“Unha soprano ten que demostrar que a ópera é un xénero coa capacidade de reinventarse, pero só pode facelo se o público máis novo lle axuda no seu cometido”, explica Esperanza Mara.
Deste xeito, o alumnado de centros educativos de O Porriño asiste á soprano na demostración de que a ópera, é un espectáculo do que a xuventude tamén pode ser partícipe dun xeito activo.