Redacción 22/03/2021

A Oficina de Rehabilitación ofrece información e asesoramento sobre as axudas para a compra de vivenda no centro histórico convocadas polo IGVS

 

 

A Oficina de Rehabilitación do concello de Tui ofrece información e asesoramento sobre as axudas convocadas polo IGVS, Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a compra de vivenda en centros históricos, entre eles o de Tui.

 

As bases e a convocatoria destas axudas publicáronse o pasado 15 de marzo no DOG nº 50.

 

Poden beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.

 

As axudas poden chegar até os 12.800 €, para as persoas menores de 35 anos, e até o 10.800€ para os maiores desta idade. En ambos casos non superarán o 20% do prezo da vivenda.

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 1 de setembro deste ano, ou até esgotar o crédito destinado a estas achegas.

 

Entre os requisitos para poder optar a esta convocatoria están ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda. Tamén estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras. Amais a persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español.

 

As persoas interesadas, poden recoller un resumo e os impresos no Concello (rexistro) ou enviar un correo a ari@tui.gal.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad