Redacción 21/03/2021

As tarefas a realizar na liña de ferrocarril afectarán ao tráfico de vehículos na área do paso a nivel, ao manter as barreiras baixadas permanentemente entre as 23.00 h de hoxe, ata as 06.00 h de mañán

 

 

ACTUALIZAMOS: ADIF comunicou ao Concello do Porriño que hoxe luns 22, debe retomar os traballos de mellora na área ferroviaria, polo que se REPETIRÁN os recortes e desvíos do tráfico de vehículos na contorna.
As restricións serán entre as 23.00 H desta noite e as 06.00 h da mañá do martes 23.

Debido aos traballos de mantemento que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias -ADIF- realizará, a partir das 23.00 h deste domingo 21 e ata as 06.00 h da mañá do luns 22; a Policía Local do Porriño notifica unha serie de cortes e cambios de tráfico rodado para vehículos, na zona do paso a nivel.

Para executar estas tarefas manterán as barreiras baixadas, para interromper tanto o tráfico ferroviario como o tráfico de vehículos a motor, polo que se habilitarán desvíos que, segundo informa a Policía Local do Porriño son os seguintes:

– A rúa Peña será cortada na Rotonda da Central para os vehículos que proveñen da rúa Estación, que polo tanto, deben circular pola rúa Ramiranes.

– Os vehículos que circulen pola rúa Cando deben ir á rotonda da Central e continuar obrigatoriamente pola rúa Ramiranes.

– E os vehículos que circulen pola Avenida Bos Aires deben continuar pola rúa Progreso.

Estos desvíos serán sinalizados e controlados pola Policía Local tendo validez ata que rematen os traballos de mantemento, que ADIF vai realizar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad