Redacción 21/03/2021

Esta mañá, mobilizacións convocadas pola plataforma Por un Monte Galego con Futuro tiveron lugar en 22 localidades do país. Os convocantes, entre os que figuran máis de 50 das principais organizacións sindicais, sociais, ecoloxistas, agrarias da Galiza, leron simultáneamente un manifesto onde expuxeron os motivos polos que rexeitan o plan forestal da Xunta de Galiza.

 

Continúan as mobilizacións sociais en contra da revisión do Plan Forestal aprobada no parlamento galego o pasado mes de febreiro. Hoxe, as organizacións integradas na plataforma Por un Monte Galego con Futuro, celebraron de maneira descentralizada 22 accións de protesta nas que denunciaron os riscos que este Plan supón para o medio ambiente e para a sustentabilidade económica e social do monte na Galiza.

Durante a lectura do manifesto, os convocantes rexeitaron a integridade do proxecto, reclamando unha nova planificación e un novo inventario forestal que permita deseñar políticas de acordo coa situación real e actual do monte. Subliñaron a importancia de afrontar a emerxencia climática co obxectivo de garantir a preservación do hábitat e das especias autótonas, a multifuncionalidade do monte e o fomento do arborado autóctono. 

Aseguran que o anuncio da “moratoria” ás plantacións do eucalipto por parte do goberno de Feijóo supón o recoñecemento da grave situación económica e ambiental que provoca o monocultivo desta especie. Á vez, porén, denuncian a falta de instrumentos reais de aplicación, control e vixilancia, a continuidade da expansión do ecucalipto e o “efecto chamada” provocado. Aseguran que continúan a crearse plantacións legais e non legais e, se ben entenden que a moratoria é unha necesaria primeira medida, exixen un novo inventario do monte que dea luz sobre a situación real do eucalipto nos montes galegos.

Entenden por iso que o plan da Xunta está baseado nunha “diagnose ficticia da situación do monte”, por ser o empregado un “inventario desfasado”. Tamén critican a falta de consenso social, pois non se promoveu a participación dos axentes sociais vinvulados ao monte e o medio rural. Denuncian que o deseño do plan responde a intereses produtivistas e privados, no que ordenación dos usos do monte fica “en mans de empresas madereiras e forestais”, abandoando a defensa da interese pública xeral e o mantenemento da reserva de árbores de valor ecolóxica.

Ademáis critican que o Plan fomenta o monocultivo do eucalipto e de especias invasoras consolidando un modelo madeireiro de baixo valor engadido. Sinalan que  provoca o abandono dos terreos agrarios, e fomenta a vulnerabilidade do medio rural fronte ao cambio climático pola persecución de fins produtivistas. Tamén chaman a atención sobre a cuestións dos lumes forestais, pois o Plan non aborda os motivos estruturais e “non incide sobre a prevencion”, senón sobre a extinción dos lumes.

Desta maneira, aseguran que o texto aprobado en solitario polo PP agrava o abandono do rural galego e desertización, impedindo o fomento dun monte fucional e sustentábel que xere recuros e riqueza para a poboación. Neste sentido, alertan sobre a intención da Xunta de alentar a desaparicion dos montes veciñais de man común, favorecendo a súa privatización, propoñendo unha revision da condición de comuneiro e introducindo unha regulación fiscal que non se axusta á realidade destas mancomunidades. 

 

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad