Redacción 18/03/2021

O Concello de Tui vai dirixirse ás persoas propietarias de terreos lindeiros para solicitar a autorización para que a CHMS poida actuar tamén nestas parcelas

 

 

O Concello de Tui vai dirixirse aos sesenta propietarios dos terreos lindeiros coa zona Dominio Público Hidráulico nas beiras do río Tripes ou Cotarel para solicitar a súa autorización para estender ás súas parcelas a actuación de loita contra especies exóticas invasoras que vai realizar a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

 

En concreto a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, tras as solicitudes realizadas tanto dende o propio concello de Tui coma dende a Asociación de Muiñeiros do río Tripes, vai levar a cabo un programa de conservación e mellora do estado ecolóxico do río Tripes. A actuación contempla por unha parte a mellora do estado ecolóxico nas masas de auga. Por outra, recolle a mellora da composición e estrutura da vexetación da ribeira. Ao programa foi incorporada amais a retirada de especies exóticas invasoras no Domino Público Hidráulico e da súa zona de servidume.

 

Deste xeito a Confederación vai proceder á eliminación da cana común, do bambú e da acacia negra na zona de Dominio Público Hidráulico cunha roza con medios naturais e cubrindo a zona cunha manta de polietileno que impida o rebrote. De contar coa autorización das persoas propietarias das parcelas estenderá a actuación tamén ás mesmas.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad