Redacción 17/03/2021

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velutina

 


Por mor da situación sanitaria é imposible realizar as charlas informativas que se estaban realizando anualmente, pero o Concello fai unha chamada á poboación sobre a importancia do trampeo neste momento, XA QUE É O MOMENTO DE COLLER AS RAIÑAS, e con un simple xesto, o de colocar unha trampa, podemos facer moito. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 100 trampas e máis de 200 doses de líquido atraínte.

 

Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad