Ás entradas están á venda en tui.gal até o xoves ás 17:30 h
Esta semana continúa a programación cultural no Teatro Municipal de Tui coa proxección da película “A Galiña Turuleca”, seleccionada como mellor película de animación na edición dos Premios Goya 2021.
A cita será este xoves, 18 de marzo, ás 18:30 h, no Teatro Municipal. O filme “A Galiña Turuleca” está dirixido por Víctor Monigote e Eduardo Gondell. A famosa Galiña da canción dos pallasos da tele chega á gran pantalla nunha película de produción española e arxentina con Gloriamundi Producciones. Un filme galardoado como mellor película de animación na edición dos Premios Goya deste ano 2021. Amais o compositor internacional Sergio Moure de Oteyza está nominado como finalista aos Premios Mestre Mateo na categoría de mellor música orixinal pola banda sonora de “A Galiña Turuleca”.
Turuleca é unha galiña singular no galiñeiro. Un día unha exprofesora de música levaa a vivir a súa casa e descobre o seu gran talento, fala e canta. Este talento permítelle superar os seus medos e iniciar unha aventura na que atopar o seu lugar no mundo. A película ten unha duración de 73 minutos.
As entradas están á venda en tui.gal até o xoves ás 17:30 h aos prezos de 4€ e 3€.
O Teatro Municipal de Tui conta cun estrito protocolo de seguridade e prevención fronte a Covid-19. O aforo está limitado nesta proxección a 148 butacas.