Redacción 16/03/2021

Nove exemplares de Tilos que rodean a capela do cemiterio foron mutilados sen motivo aparente, polo que fan un chamamento ao Concello de Vigo para que non se volvan a repetir estos desmochados e que as podas sexan realizadas sempre por técnicos cualificados en arboricultura

 

Os tilos mutilados no cemiterio de Pereiró pertencen a unha especie que desenvolve de xeito natural unha gran copa, que aporta unha frondosa sombra. Esta especie contribúe con numerosos beneficios ecosistémicos aos cidadáns, sendo preciso respectar a súa estrutura natural para poder seguir disfrutando  deles.

Sinalan que as árbores non necesitan ser podadas a menos que haxa un motivo xustificado. As podas drásticas nas que se elimina toda a ramaxe máis xove, crean brotacións desequilibradas  con  ramas moi novas, sobre madeira máis vella. Debido a isto, os puntos de inserción son máis febles e poden presentar problemas futuros de risco de desprendemento da ramaxe, así como as ramas novas vaian adquirindo maior peso. A diferencia do que se acostuma pensar, as podas non rexuvenecen a árbore, senón que a estresan e producen un grave dano á estrutura, perxudicando a saúde do arborado.

Ecoloxistas en Acción e Bosques sen Fronteiras indican que as podas drásticas producen unhna sobreabundancia de crecemento anormalmente rápido, signo de que a árbore está sufrindo un trauma e reacciona medrando dun xeito antinatural, nun intento desesperado de reemprazar a follaxe que perdeu a causa dunha poda excesivamente severa.

Sinalan, ademais, que con este tipo de podas auméntase a posibilidade de infeción por fungos no interior da árbore. Isto pode conlevar ao avance do apodrecemento e a enfermidade de maneira rápida. A redución drástica da copa da árbore, denominada desmoche ou terciado, só debe considerarse como o derradeiro recurso ou como unha medida provisional, previa á eliminación compreta da árbore, cando esta non pode salvarse.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad