Redacción 15/03/2021

Con 5 novos contedores de papel e 12 de envases,Tui é un dos 15 concellos que participa en Únete ao Reto de ECOEMBES

 

 

O Concello de Tui recibiu hai uns días de ECOEMBES novos colectores para a recollida selectiva. En concreto foron 12 colectores amarelos para envases, e 5 para a recollida de papel e cartón.

 

Deste xeito o concello de Tui segue a ampliar o número de colectores dispoñibles para a recollida selectiva tanto no centro urbano coma nas parroquias.

 

Precisamente Tui é un dos 15 concellos que participan na campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”. O obxectivo é entre o 1 de febreiro ao 30 de abril, mellorar, cando menos, nun 10% a achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado. Aqueles concellos que consigan este obxectivo lograrán un premio dotado con 2.000 euros que terán que doar a unha causa social local da súa elección.

 

A entidade sen ánimo de lucro Ecoembes xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad