Redacción 08/03/2021

O Concello trata de aforrar ao sector da hostalaría e autónomos o traballo de “andar de administración en administración”

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño, tras a reunión mantida entre a Xunta e os Alcaldes e Alcaldesas de Galicia, acorda a participación no 2º Plan de rescate a hostaleiros e autónomos, co fin de poder axudar dun xeito na forma áxil, eficaz e eficiente ao sector da hostalaría e autónomos.

Segundo a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, desta maneira “os concellos podemos sumarnos con  recursos propios aos fondos que vai repartir a Xunta. Temos a posibilidade de axudar neste segundo Plan de Rescate, evitando que os nosos hostaleiros e autónomos teñan que andar de administración en administración, presentando papeles por un lado e por outro”.

Deste xeito dende o Concello de Salvaterra propón que o máis áxil é que todo se faga a través dunha ventanilla única, acurtando prazos e facendo menos papeleo. “O que necesitan os nosos veciñ@s son  solucións, non que os mareemos. Ademais deste xeito garantimos que as axudas se aboen rápido, no momento que realmente o precisan, cousa que non poderíamos facer se as tiveramos que xestionar nos directamente, xa que os concellos non temos esa capacidade administrativa”, remata Marta Valcárcel.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad