A Asociación de Comerciantes non está dacordo coa porcentaxe que defenden os hosteleiros dun 75% para hostelería e un 25% para o resto dos sectores
A Asociación de Hostaleiros defende que nas axudas sacadas en 2020, a hostalería recibíu 24.500 € de axudas o que supuso un 30%, e 60.000 € o 70%, foron para autónomos e comercio
Tras a polémica suscitada polas axudas municipáis á recuperación dos sectores comercial, hostaleiro e de servizos do Porriño, entre a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR- e a Asociación de Hostaleiros do Porriño -AHOSPOR-, ambas asociacións non conclúen en acordo.
Por un lado, ACIPOR “lamenta o malestar da hostelería pero quere aclarar que o comercio do Porriño e o sector servizos (perruquerías, estéticas, axencias, taxis, etc), a pesar de non ter as portas pechadas, debido aos peches permitráis e a cancelación de eventos sociais, viron moi reducidos os seus ingresos; pero os custes de funcionamento non se reduxeron en paralelo á merma de ingresos e non así os gastos, pois todo o mundo pode entender que manter a actividade supón custos elevados. Ademáis, xusto por manter as portas abertas, o comercio non pode optar a axudas dos que tiveron que pechar, como as que vai outorgar a Xunta de Galicia ao sector da Hostalería. Ter a porta aberta non é sinónimo de ganancia. Entendemos que o sector da hostelería ten que defender aos seus integrantes, pero non debemos esquencer ao resto dos sectores, polo que o porcentaxe que defenden os hosteleiros dun 75% para hostelería e un 25% para o resto dos sectores (servizos, comercio e autónomos) non é defendible e é un desprecio para o sector comercial”.
Dende AHOSPOR consideran que “si a única vía de negociación que sabe promover ACIPOR, é a de restar a porcentaxe de axuda da partida de hostalería, nos non somos quen para impedirllo”, pero destacan que “na primeira tanda de axudas sacadas en 2020, a hostalería recibíu 24.500 € de axudas, o que supuso un 30% para hostalería; e 60.000 €, o 70%, foron para autónomos e comercio. Nós non nos opoñemos, a pesares de ser os impulsores de ditas axudas”.
ACIPOR quere aclarar tamén a asociación de hosteleiros que a axuda de 10.000 € para eventos gastronómicos que recibe do Concello, sempre se adican a promover a hostelería, pero é necesario aclarar para non confundir aos cidadáns, que nesta ocasión ese diñeiro e o de outros eventos foron adicados polo Concello ás axudas para os autónomos, dado que se cancelaron no 2020, polo que non foron só para o comercio senón que beneficiaron a todos os sectores.
Neste senso, o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández, destaca que “a Asociación de Hostaleiros recibe 0 € de axudas do Concello, mentras que ACIPOR recibe máis de 20.000 € de axudas municipais directas, creo que con este dato queda claro que non podemos facer moito nas negociacións, xa que á vista queda a desventaxa” .
Pola súa banda, ACIPOR quere incidir en que “non pretendemos polemizar ao respecto das axudas e estamos dispostos a chegar a un acordo, pero a hostalería é unha parte máis da economía local do Porriño, xunto ao comercio e servizos, e non a que xenera máis empregos, por iso pedimos sentidiño”
Así mesmo AHOSPOR quere recalcar “o noso apoio a todos os sectores e comerciantes do Porriño e, a pesares de ser sen duda o sector máis perxudicado e de levar máis de 4 meses pechados por Decreto, xunto a 2 meses máis só con terraza ao 50%, non nos queda outra que seguir adiante como podamos”.