Redacción 26/02/2021

Así mesmo resalta a incapacidade de xestión e o deixamento do goberno municipal do Porriño

 

 

Dende EU Son do Porriño afirman “xa sabemos que a alcaldesa e a concelleira de Facenda pretenden tomarnos o pelo a nós e a toda a veciñanza. O que xa supera todos os límites é que se faga a menos de quen está a pasar auténticos apuros mentres elas teñen o soldo asegurado. Está claro que non están nin para xestionar nin para gobernar senón para vivir da política”.

O 11 de febreiro celebrouse unha xunta de voceir@s para tratar a convocatoria dunha liña de axudas para hostelería e pequeno comercio. Dende este grupo municipal recalcan que “esta xunta xa ía con retraso, era para a semana anterior para poder convocar un Pleno Extraordinario e axilizar o asunto. A pesares de ter xa non un, senón dous xefes de gabinete, alegan un malentendido polo que se perderon sete días. Quedouse en achegar a todos os grupos un borrador das bases da convocatoria para preparar o traballo cara a comisión informativa a celebrar o 22 e poder así levar o asunto ao Pleno do día 24”.

Deste xeito dende EU Son do Porriño manifestan “nós aquí estamos a esperar polo borrador e máis pola comisión pero quen vive dunha cafetería ou dun comercio non merece isto. Explicacións xa sabemos que non son de dar, e se o fan soen mentir. Dirán que está o tema pendente de Intervención, que é complexo, que a pinza ou que lle comeron os deberes os ratos…O caso é que ao Pleno do día 24 de febreiro no se levou, pero tempo houbo nas redes do Concello para propaganda, iso non falla, conto e leria a esgalla.

EU Son remata esta nota engadindo “Se hai un mínimo de responsabilidade no PSdeG deberían tomar medidas xa, esta persoa non pode seguir dirixindo o Concello nin un día máis”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad