O delegado do Goberno en Galiza, Jesús Losada, reúnese co responsábel do Porto de Vigo, Jesus Vazquez Almuíña, exconselleiro de Sanidade até 2020. Losada lembra a posición “estratéxica” do porto na planificación do futuro portuario español como dinamizador da economía viguesa e galega.
O delegado do Goberno en Galiza, Javier Losada, analizou onte xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Vázquez Almuíña, a situación atual do Porto olívico a as prespectivas para os vindeiros anos. Losada reivindicou o carácter estratéxico desta infraestrutura para o Goberno de España e lembrou que os Orzamentos Xerais do Estado reservan para a Autoridade Portuaria de Vigo 25,67 millóns de euros para este ano entre as que se inclúe o proxecto Lonxa 4.0, o desenvolvemento da terminal intermodal Ro-Ro e atuacións ferroriviarias asociadas ao Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre Portuario (FFATP).
Losada mostrou a súa confianza en que o Porto vigués poida recibir parte dos fondos europeos Next Generation cuxa gestión está sendo aínda concretada, segundo a delegación. O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo trasladou ao delegado a intención de presentar a estes fondos a execución de parte da estratexia portuaria Crecemento Axil (Blue Growth) 2021-2027. En concreto, tratríase de 20 proxectos relacionados coa pesca, a tecnoloxía e a industria, cuxo coste estimado ascende aos 246 millóns de euros.
Ao longo do encontro, o primeiro trala toma de posesión do presidente da xestora do porto vigués, o delegado do goberno destacou o bo comportamento do Porto durante o ano 2020, apesar das restricións e dos efectos económicos da pandemia. Así, o tráfico de mercadorías pechou o exercicio cunha suba do 4,14% superando os 4,3 millóns de toneladas movidas; “unha suba que se está consolidando neste 2021, con ascensos de case un 10% no primeiro mes do ano”, sinalou.