A Policía local colaborará no inicio da vacinación a maiores de 80 anos no centro de saúde do Porriño
O vindeiro luns 22 se vacinará no Centro de Saúde do Porriño contra a Covid a persoas maiores de 80 anos dos concellos do Porriño, Mos e Salceda.
O SERGAS ten previsto que cada día se vacinen no centro de saúde do Porriño a 100 persoas que previamente están convocadas para este fin. O calendario de vacinación está programado entre as 8.30 e as 14.30 horas. Cada persoa vacinada debe esperar 15 minutos despois da inoculación para evitar calquera tipo de reacción.
Con estas premisas, a Policía Local habilitará a marxe dereita da rúa doutor Paz Varela para o estacionamento de coches que trasladen e agarden polas persoas chamadas a vacinar. Unha patrulla de axentes municipais colaborará para manter os protocolos de seguridade e a distancia entre as persoas, tal e como planificaron hoxe Lourdes Moure, concelleira de Seguridade Cidadá e Jesús González, xefe accidental da Policía Local.