Redacción 18/02/2021

Onte comezou o proceso de vacinación do persoal do SAF: un total de 53 traballadoras.

 

O persoal do SAF é un dos colectivos mosenses máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19. O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, que as acompañan aos domicilios para facilitarlles a colocación de todos os EPIs dos que teñen que ir provistas e á saída para a pertinente desinfección e retirada dos mesmos.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad