Redacción 13/02/2021

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Embaixador de la Vuelta e gañador dun Tour de Francia mosense, Óscar Pereiro, achegáronse onte ata o Castro de Herville, na parroquia de Cela, lugar no que reamatará a penúltima etapa da edición deste ano de La Vuelta Ciclista a España.

 

Pereiro, recén chegado a Mos desde Burgos onde participou esta semana na presentación oficial do percorrido de La Vuelta 21, explicou os detalles da etapa 20, Sanxenxo – Mos, Castro de Herville (Cela). Pereiro declarou que “percorrerá 7 das 10 parroquias mosenses (cun tramo de 2 km ao 11,8% de desnivel) é que se trata dunha etapa que foi deseñada con moito cariño e co obxectivo de que percorrese paisaxes “bonitas”. 

O Concello, pola súa parte, afirma que é moi importante, atopándonos en tempos de crise sanitaria da COVID-19, o aspecto do sinxelo acceso á etapa para os afeccionados que poderían fácilmente mirar a carreira a pé de estrada en tres puntos na mesma etapa. Esta penúltima etapa de La Vuelta terá lugar o vindeiro 4 de setembro e nela decidirase o campión de La Vuelta Ciclista a España a falla da contra reloxo en Santiago. Será unha etapa de 173,6 km con subidas e baixadas constantes e cinco portos curtos pero duros entre a Serra da Groba e a do Galiñeiro. Todos os ascensos coñecidos polos cicloturistas da zona e descoñecidos para a gran competición. Terá un final en alto e nos últimos 50 km non contará con nin un só quilómetro en chan, será un continuo subir e baixar 

O mosense Embaixador de La Vuelta salientou “a continuidade dos 5 portos, sen prácticamente terreo chan entre eles e máis de 3.000 metros de desnivel en 90 km; e o percorrido por estradas interiores”. “A maioría dos ascensos son subidas estreitas con pendentes duras. Unha emboscada. Unha etapa deseñada para facer dano os últimos 40 ou 50 km”, comenta, sobre a que foi unha ruta habitual de adestramento nos seus tempos de ciclista profesional. “A base de facer 400.000 km na miña vida por esas estradas e pasar 50.000 veces por ahí coñecín en profundidade esta zona pola que é difícil que alguén pase, se non o fai en bicicleta”.

Óscar Pereiro trouxo o pasado novembro ao director de La Vuelta, Javier Guillén, a ver o percorrido e o propio Óscar declara que quedou, literalmente “flipado”. O de Mos asegura que Guillén non será o único e “o trazado sorprenderá, especialmente as dúas subidas finais porque hai que coñecelas”. Será a última etapa competitiva en liña da edición deste ano, sendo Concello protagonista da emblemática competición ciclista por segunda vez consecutiva. A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, pero a última etapa competitiva en liña, polo que o vencedor decidirase en Mos case con total seguridade.

 

Dispoñíbeis en Ivoox as declaracións de Óscar Pereiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad