Redacción 10/02/2021

Os socialistas de Mos presentarán a debate unha moción sobre a reinserción laboral dos 60 traballadores da empresa Pili Carrera despedidos tralo peche das instalacións en Torroso. O PSdeG pedirá que o Concello apoie aos traballadores contra o abandono por parte da empresa e que retire a medalla ao mérito empresarial concedida á empresa.

 

Segundo informan os socialistas, os traballadores chegaron a un acordo ca empresaria no que só cobrararían o mes de xaneiro antes de pasar a formar parte da lista de parados nun futuro próximo. En data 8 de febreiro comunican que non cobraron, descoñecen quen será o administrador concursal que se fará cargo e que ata a data aínda non se lles facilitou, dende a empresa, a documentación necesaria para continuar a súa carreira profesional. Ademais, manifestan sentir preocupación por un posible valeirado da nave estando isto prohibido porque a antiga propietaria xa non pode entrar nas instalacións nin levar ou vender o material que aínda se atopa dentro.

Os socialistas explican que, “partindo da base de que a maior parte da plantilla dos traballadores das zonas de almacén e produción non teñen máis formación que a relativa o sector textil, xa que levan dende o comezo da súa vida profesional traballando nesta empresa, serán desempregados que terán que enfrontarse a unha dificultade maior na busqueda de emprego”. Engaden que nun concello relativamente pequeno como Mos, o peche dunha industria tan asentada e cunha plantilla de veciñas e veciños da nosa localidade, provoca que co seu peche se vexan truncadas a vida de moitas familias. A isto hai que sumarlle a actual crise sanitaria e posterior crise económica que se desencadeou, que tamén vai repercutir negativamente nos fogares mosenses.

Por estes motivos, o PSdeG reclama apoio para estas familias. Solicitan á alcaldesa que manteña unha reunión cos sindicatos así coma co comité de empresa e co administrador concursal para establecer a liña de posible apoio da administración local, e que intente mediar para que lle sexan facilitada aos traballadores a documentación necesaria para continuar coa súa vida laboral. Reclaman tamén a retirada da medalla o mérito empresarial concedida a Pili Carrera por ser unha medida de apoio simbólico cos traballadores, e que estes manteñan reunións persoais ca orientadora laboral do concello para coñecer as súas situacións particulares e así poder mostrarlle as mellores opcións para cada un. Por último, propoñen establecer grupos en función da experiencia laboral dos mesmos, para a creación de obradoiros específicos que complementen a súa formación co obxectivo de lograr a reinserción laboral.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad