A alcaldesa manifesta que “a situación judicial do Porriño é provocada polas sistemáticas denuncias do Partido Popular dende 2016 contra toda a xestión municipal”.
O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra denunciou esta mañá que a situación do Concello do Porriño “é un escándalo maiúsculo, intolerable, que traspasa ao propio concello e salpica ao Goberno provincial e á Deputación de Pontevedra”.
Así o sinalaron o voceiro provincial do PP, Jorge Cubela, e o presidente local do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados polos tamén deputados populares Alfonso Marnotes, Elena Estévez, Miguel Domínguez e Javier Tourís.
Os populares recordaron que a socialista Eva García de la Torre é alcaldesa do Porriño, con catro concelleiros, grazas ao voto decisivo de Manuel Carrera que, desde o pleno e investidura é asesor na Deputación de Pontevedra. Concretamente, explicaron, é administrativo delegado do grupo provincial do PSOE, e ten un custe anual para a Deputación de Pontevedra de 48.964,32 euros.
“Un posto de confianza que é fundamental para manter na alcaldía de Porriño á alcaldesa que máis veces pasou polo xulgado, e a que máis sentenzas está acumulando por contratos a dedo e ilegais”, denunciou Cubela que, engadiu, “o seu voto non só foi decisivo para manter na alcaldía a Eva García de la Torre e ao PSOE, senón que tamén foi fundamental para manter a rede clientelar de contratacións a dedo sen contrato algún, facilitando pagos en recoñecementos extraxudiciais que son competencia do pleno se non existe partida orzamentaria, situación pola que Carrera tamén está imputado”.
Por iso, critica o “silencio cómplice de Carmela Silva e do PSOE provincial”, e apuntou que, “ademais, Eva García de la Torre é secretaria de xustiza do partido a nivel provincial”.
“Por todo isto entendemos que algo terá que dicir Carmela Silva desta situación. É momento de que dea explicacións claras e contundentes. Cal é o papel de Manuel Carrera como asesor delegado na Deputación de Pontevedra? Que pensa facer o grupo provincial do PSOE? Carrera non pode continuar nin un minuto máis como asesor delegado do PSOE na Deputación de Pontevedra”.
FRAUDE E CONTRATACIÓNS IRREGULARES
Nesta mesma liña se manifestou Alejandro Lorenzo, que dixo que a situación no Porriño “é moi grave, un fraude”, e valorou que as diferentes sentenzas do Contencioso-Administrativo están dando a razón ao que o Partido Popular do Porriño vén denunciando desde 2017. Estas sentencias, apuntou Lorenzo, din que unha empresa facturou nos últimos anos preto de 300 mil euros e o fixo a dedo, e que outra empresa facturou máis de 1 millón de euros para o Concello do Porriño, “confirmando ademais, que houbo contratación irregular, verbal e sistemática a diferentes empresas”.
Lorenzo explicou tamén que o Concello de Porriño pagou nos últimos cinco anos facturas por importe de 16 millóns de euros levantando os reparos do interventor municipal. Pero, ademais, é o Concello que máis facturas debe de toda Galicia por impago. Facturas por importe de 4,8 millóns de euros que debe, de contratos feitos de xeito verbal e adxudicados a dedo, que están no caixón.
“As facturas dos servizos de mantemento de piscina municipal, recollida de lixo, luz, teléfono, son rexeitadas por ausencia de contrato a pesar de ter partida orzamentaria, tamén obras ou subministros que son conformados con partes de traballo e logo o concelleiro ou alcaldesa rexeitaban as facturas para que non se fiscalicen nada polo servizo de intervención e retirala da contabilidade”, engadiu. Numerosas empresas que facturan a este concello que “non xeran emprego ou riqueza no Porriño que comparten administrador e facturas con cantidades millonarias de euros e sen contrato”.
Estas empresas, continuou o popular, “reclaman nos contenciosos o pago das súas facturas, baixo a suposta conivencia do concello que, ante a reclamación previa administrativa non contesta nada e a empresa se ve abocada a facer unha reclamación xudicial esperando unha sentenza favorable”.
Unha situación agravada ademais, insiste, porque estanse xerando uns costes elevadísimos para o Concello do Porriño das costas xudicias de todas as empresas que reclamaron e están reclamando o impago destas facturas no Contencioso-Administrativo.
EVA GARCÍA RESPOSTA AS ACUSACIÓNS NO GRUPO POPULAR
En resposta ás acusacións realizadas nesta rolda de prensa, a alcaldesa manifesta que “a situación judicial do Porriño é provocada polas sistemáticas denuncias do Partido Popular dende 2016 contra toda a xestión municipal”. Continúa afirmando que “Manuel Carrera en absoluto contratou con ninguén que formara parte da súa candidatura, e que intentan meter ao mesmo na decisión de alguén que foi na súa candidatura, que despois de ser posto en coñecemento do xulgado a través do partido popular, contratouse a unha empresa en concurso de acreedores que nada ten que ver con Manuel Carrera”.
“A min correspóndeme dar a cara por Don Manuel Carrera porque non me consta ningún tipo de actuación irregular pola súa parte”.
A rexidora engade que “O Partido Popular está nunha ofensiva judicial e mediática acelerada porque sabe que os seus argumentos estanse a acabar. Esta estratexia ten os días contados, que non da para máis. O Partido Popular denuncia e con cada denuncia persónase e con cada personamiento tamén o fai nos procedementos de reclamación de cantidad que provoca votando en contra do pago de facturas, justificándoo para facer oposición, sabendo que non hai nada finalmente reprochable nin contra a alcaldesa nin contra Manuel Carrera”.
Finalmente engade “que está investigada, pero a iniciativa do Partido Popular, que é quen pon a denuncias, ou ben personalmente ou ben a través de terceros. Quere cobrarse en min, en Manuel Carrera, e na presidenta da deputación a súa frustración por perder o poder, que cree que lle pertence por dereito divino”.
“Non é quen este partido de denunciar e dar exemplo de nada, sabendo o que sabemos, sabendo cómo se financiou, sabendo das mordidas que cobraban, sabendo da caixa ‘B’ que tiñan e servía para dar sobresoldos ás súas directivas, e sabendo ademáis que eses procederes naceron no partido en Galicia. Todo iso o sabemos, pero o Partido Popular cando se indigna, indígnase porque perdeu o poder, o privilexio que utilizaron mentres tiñan ese poder, e se indigna porque cre que nós somos ‘gentuza’ que lle quitamos o que en dereito lles pertence”.