Redacción 06/02/2021

As axudas da UE e Xunta xestionadas polo GALP Ría de Vigo-A Guarda poderán ser solicitadas até o 1 de marzo, presentando o proxecto empresarial pertinente. O ano pasado impulsáronse once proxectos cun investimento en axudas de case 600.000 de euros.

 

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda quere animar ás persoas emprendedoras dos concellos da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) a solicitar as liñas de axudas que proveñen da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que canaliza esta entidade. Actualmente, a convocatoria de axudas está aberta e o prazo de presentación remata o vindeiro 1 de marzo de 2021. Estes fondos que contribúen a mellorar e dinamizar o tecido socioeconómico potenciando as actividades relacionadas coa pesca.

Os proxectos que se presenten poden ser de dous tipos: para investimentos produtivos e para investimentos non produtivos. Os produtivos son aqueles que supoñen a realización dunha actividades económica e nos que se producen bens ou servizos e supoñen a creación ou mantemento de emprego. Os proxectos non produtivos non supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica e teñan carácter de interese público.

Unha das condicións para que os proxectos presentados opten á axuda é que encaixen dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Ría de Vigo-A Guarda que centra os seus obxectivos, entre outras cuestións, na mellora da competitividade do sector pesqueiro, a creación de emprego e atracción da mocidade, o aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, a innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros (produción, comercialización e distribución), e en actuar como garante dunha actividade sostible que promova o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Hai moita diversidade entre os proxectos susceptibles de ser financiados mediante o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar. Durante 2020 proxectos de toda índole recibiron o impulso destas axudas como, por exemplo, a empresa HQ Seaweed dedicada á venda de algas para o consumo; a mellora da accesibilidade e a instalación de observatorios de aves no litoral do Concello de Nigrán; un novo albergue mariñeiro en Redondela; a proposta de Meseybuco S.L de deseño e desenvolvemento de roteiros turísticos en bicicleta; ou a creación dun aloxamento ‘glamping’.

Para máis información as persoas emprendedoras cunha idea de negocio a desenvolver no territorio poden chamar ao 986 35 81 09 ou ao 646 87 31 06; ou ben enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal. As persoas interesadas recibirán información sobre os prazos de presentación de solicitudes, así como de todos os trámites para a presentación e elaboración da documentación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad