Redacción 04/02/2021

Este anuncio faise previo á publicación das bases para que os demandantes de emprego poidan actualizar os seus datos no SEPE

 

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Emprego que dirixe David Alonso, anuncia que xa está aberto o prazo para os interesados ​​e interesadas ​​en optar a  25 postos de traballo convocados para reforzar diferentes servizos municipais.

Os solicitantes destes contratos de 6 meses de duración, deberán estar desempregados e rexistrados na Oficina do Servizo Público de Emprego -SEPE-.

As persoas que estean interesadas en participar na preselección que fará a oficina de Emprego terán que poñerse en contacto con esta nos seguintes xeitos:

– A través do correo electrónico oficina.emprego.porrino@xunta.es , para iso deberán estar inscritos na oficina de Emprego do Porriño e achegar no e-mail o seu nome e apelidos, o seu número de DNI e os códigos no que estean interesados para inscribirse.

– A través de chamada ó teléfono 886 110 404 para comprobar se xa están inscritos cos códigos correspondentes nas ocupacións que demanden, ou ben anotarse no caso de que non o fixeran anteriormente.

Na táboa da imaxe recóllense os departamentos, o número, o tipo de posto de traballo e o código de ocupación, para rexistrarse na oficina de emprego.

Estes contratos do Concello do Porriño contan cunha subvención da Deputación de Pontevedra, a través da Liña 3, do Plan Concellos 2021.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad