O Concello do Porriño acordou adquirir máscaras de protección FFP2 para o persoal municipal cunha partida de 2.950 €.
A resolución da Alcaldía que asinou hoxe Eva Garcia otorga o contrato de subministración á firma “Aquimian España SLU”, do Porriño que presentou o orzamento máis económico.
A procura de máscaras de protección FFP2 acordouse na reunión da concelleira de Persoal, Lourdes Moure cos representantes dos traballadores do Concello na que tamén determinouse establecer quendas de tele traballo dos funcionarios en cada servizo e con grupos burbulla por prevención. Esta decisión adoptouse como consecuencia das actuáis restricións de aplicación en Galicia e segundo a recomendación da Xunta para que se faga tele traballo na medida do posible.