Redacción 30/01/2021

Desde a concellería de Mobilidade do Concello de Mos infórmase de que o Servizo de Transporte Urbano Municipal, TUM, do Concello de Mos incorpora algúns cambios que entrarán en vigor o vindeiro luns, día 1 de febreiro.

 

En primeiro lugar comunícase que a lanzadeira amarela que fusiona as liñas verde e azul e que presta servizo diario, enfocada ao transporte do alumnado do IES e das persoas que acoden ao Centro de Saúde á primeira hora da mañá, continúa igual sen singún tipo de modificación nin cambio.

Mentres que as liñas azul e verde manteñen os mesmos horarios que ata o de agora, mais pasan a operar os martes e venres, ao terse comprobado que fundamentalmente son eses dous os días de uso destes buses que os seus usuarios empregan para desprazarse a facer a compra ás superficies comerciais sitas en Sanguiñeda.

A liña verde realiza o percorrido polas parroquias de Tameiga, Cela, Pereiras e Petelos. E a liña azul realiza o percorrido polas parroquias de Tameiga, Torroso, Guizán, Louredo, Mos, Petelos e Dornelas.

As tres liñas, azul, verde e amarela (que fusiona as dúas anteriores) son circulares.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad