Redacción 28/01/2021

Regulará a ocupación de espazos públicos por parte dos locais hostaleiros, establecendo as normas e características de montaxe recollidas nun réxime sancionador

 

 

O pleno da Corporación Municipal do Porriño aprobou, na sesión de onte, a Ordenanza Reguladora do Uso das Terrazas, cos votos a favor do PSOE, BNG e EU SON. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). A partir desa data, establecerase un prazo de regularización de tres meses.

Na exposición de motivos xustifícase que “O Concello do Porriño precisa dispoñer dunha Ordenanza Reguladora de ocupación de terreos de uso público, con mesas e cadeiras, cuxa finalidade é establecer os criterios básicos para a instalación de terrazas anexas aos establecementos de hostalería.

Dita ordenanza intenta dar resposta ás novas necesidades e costumes da cidadanía, así como a novas demandas por parte do sector da hostalería. É evidente que nos últimos anos proliferou a ocupación do espazo público con terrazas vinculadas a establecementos hostaleiros que non só favoreceu aos empresarios que as explotan, senón que tamén fomentan a relación social e potencian a actividade económica en xeral”.

Polo tanto, a Ordenanza regula a ocupación de espazos públicos. Determina que non poderán instalarase terrazas nin en soportais, nin en beirarrúas de anchura inferior a 3 m. Entre as prohibicións que recolle a Ordenanza aprobada, non se permiten altofalantes ou calquera outro aparato difusor de son, polo que o permiso para televisores está condicionado ao funcionamento sen voz.

Permitirase a instalación de calefactores móbiles ou aparellos análogos sen exceder o espazo autorizado para ocupar coa terraza. A súa instalación estará suxeita a licenza, que poderá solicitarse conxuntamente coa da terraza ou con posterioridade á mesma. Estes aparellos non necesitarán de ningún tipo de instalación fixa.

Poderán instalarse sombrillas como elementos auxiliares da terraza: deberán ser pregables e desmontables, sen que se permita a súa suxeción ao pavimento mediante calquera clase de anclaxe. O voo das sombrillas, a altura respecto do chan e a publicidade que luzan, tamén estarán regulados nesta Ordenanza.

Permitirase a instalación de mamparas móbiles e a súa altura non poderá ser inferior a 1 m nin superior a 1.5 m, sendo polo menos os 50 cm superiores de material transparente. Estes elementos colocaranse sen realizar anclaxes ao pavimento e se situaran dentro do espazo autorizado a ocupar a terraza.

Tamén se permitirá a instalación de toldos ou cubertas impermeables ao chan da vía pública, sen ningunha fixación ao mesmo e sen posibilidade de pechar os laterais ou frontal do espazo cuberto.

Ademais a Ordenanza determina características do mobiliario, horarios de funcionamento e peche ou condicións de limpeza, recollida nun réxime de sancións por infraccións por ruídos ou por outros motivos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad