Redacción 28/01/2021

A Administración local mosense anunciara hai dous meses o inicio de negociacións coas operadoras para desbloquear o proceso de instalación de banda larga. Hoxe, desde o Concello vense de notificar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital o incumprimento por parte da empresa R, por non ter completado  as actuacións necesarias, para que o Estado actúe en consecuencia.

 

O Concello de Mos notificou onte por medio da remisión do pertinente oficio ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda larga de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da administración estatal.

Desde a administración local mosense denúnciase que aínda que R solicite unha prórroga, en caso de serlle concedida sería dun ano máis, tempo insuficiente para a acometida xa que as actuacións necesarias nin sequera comenzaron aínda. A día de hoxe o municipio mosense tería que estar xa dotado de internet de alta velocidade grazas ao Programa Extensión da Banda Larga de Nova Xeración da Administración Xeral do Estado, que promovía despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a internet no territorio galego.

Con prazo ata 2020 a empresa R Cable como beneficiaria dunha subvención despregou redes ultrarrápidas en núcleos de toda Galicia, entre os que debería ter estado Mos, que posibilitan servizos de acceso a Internet de de mais de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. A última das convocatorias do Estado, publicada en abril de 2018, contou cunha dotación de 18,5 millóns de euros para Galicia, coa que os operadores puideron continuar incrementando a velocidade de acceso a internet en zonas nas que non había servizo de redes ultrarrápidas, como é o caso de Mos.

Desde a administración local mosense laméntase que a operadora teña freado a implantación da banda larga en Mos xusto no momento máis necesario, cando a crise sanitaria da COVID-19 obriga e esixe o teletraballo. Por iso, e a pesar de no ser competencia municipal, está a exixirlle á operadora unha solución e o desbloqueo desta situación e a informar á administración con competencias neste senso para que actúen.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad