Redacción 23/01/2021

As instalacións de “Diamant Boart-Husqvarna” sufriron danos materiais de consideración polas lapas orixinadas supostamente nun cadro eléctrico

 

Preto das 03.30 h desta madrugada, vixiantes de seguridade da Zona Franca do Polígono da Granxa, alertaban á Policía Local do Porriño dun lume na confluencia da avenida principal e a rúa Ons, nº 98, nas instalacións da empresa “Diamant Boart-Husqvarna”.

As lapas procedían do fondo da nave e produciron diversos estouridos e moito fume. A Policía Local do Porriño alertou ao 112 para que mobilizase aos bombeiros do parque comarcal.

Os Bombeiros do Baixo Miño extinguiron o lume, manifestando que a súa presunta orixe foi un curtocircuíto nun cadro eléctrico, situado nunha mesa de traballo.  Aínda que non houbo danos persoais, os materiais foron de consideración.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad