Redacción 22/01/2021

Presentou a súa renuncia por motivos persoais e laborais no Concello do Porriño para poñelo en coñecemento do Pleno

O relevo da nº 9 da candidatura de Alejandro Lorenzo colleo Ascensión Rosario Costa Táboas

 

 

O Partido Popular do Porriño informa de que a concelleira Ana María Martínez Paradela, pertencente a este grupo político presentou a renuncia ao seu cargo no Concello do Porriño. Martínez Paradela formou parte da candidatura dos populares, liderada por Alejandro Lorenzo “Caroca”, nas pasadas eleccións municipais do 2019 indo no número 8 da lista; polo que agora a número 9, Ascensión Rosario Costa Táboas, daralle o relevo como concelleira da oposición.

Esta renuncia derívase de motivos persoais e laborais que a levan a deixar a primeira liña política despois de máis de 15 anos de servizo nas candidaturas polo Porriño do Partido Popular. “Martínez Paradela desenvolveu unha importante labor na área de educación, así coma nas múltiples labores que lle corresponderon como Concelleira, tanto na oposición coma no goberno. A partir de agora seguirá apoiando ao seu partido desde as bases en todo o posible”, indican dende o PP do Porriño.

“Quero agradecer e moito, o labor de Ana como concelleira e como traballadora incansable polo noso pobo e polo partido. Supón un grande cambio para o noso grupo Municipal, pero aínda que os motivos da renuncia non lle faciliten a súa labor como Concelleira, non lle impedirán continuar coa súa colaboración, tan necesaria para nós” engade o portavoz Alejandro Lorenzo.

Unha vez presentado o escrito ante o Concello do Porriño a renuncia faise efectiva e se dará conta no próximo Pleno, tendo prevista a alta da nova concelleira Ascensión Rosario Costa Táboas para o próximo pleno municipal en Febreiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad