Redacción 20/01/2021

Como facer un aseo accesible, como instalar un elevador na comunidade ou como acceder ao portal con cadeira de rodas foron algunhas das consultas realizadas por particulares

Esta área tamén participou en grupos de traballo do Ministerio de Fomento, asesorou sobre obras no Camiño de Santiago, na estación intermodal compostelá e no transporte urbano barcelonés, entre outros organismos públicos

 

Durante o ano 2020, a área de Accesibilidade de COGAMI atendeu un total de 63 consultas relacionadas coa temática de accesibilidade, tanto para levar a cabo melloras en espazos privados ou comunitarios, como tamén, para asesorar en espazos públicos.

A maior parte destas consultas trasladadas por persoas con discapacidade ou familiares a través de chamadas telefónicas, de xeito presencial ou por correo electrónico, están relacionadas en como facer un aseo accesible para persoa usuaria de cadeira de rodas; buscan asesoramento sobre uso de ramplas, plataformas elevadoras ou ascensores na zona de acceso a un edificio ou comunidade e tamén procuran información sobre como poder deseñar un itinerario ata un centro escolar accesible.

Dende que inicia en 2003, a área de Accesibilidade de COGAMIten como función asesorar sobre axudas técnicas e lexislación co obxectivo de humanizar espazos e servizos conforme a criterios de accesibilidade universal. Nestes inicios, o cometido principal era a resolución de problemas na vivenda familiar. Co paso do tempo, ampliouse esta función para ofrecer actualmenteun servizo de asesoramento en obras de espazos urbanos en beneficio do conxunto da sociedade.

A participación en grupos de traballo a nivel local, autonómico e nacional, co fin de poder traballar no asesoramento para a mellora da lexislación vixente, é outra das funcións que presenta a área de Accesibilidade de COGAMI.Como exemplo a súa participación no grupo de traballo do Ministerio de Fomento sobre a Ordede accesibilidade nos espazos urbanizados de próxima aprobación, nos Comités Técnicos de UNE traballando na Norma Europea sobre Accesibilidade no entorno construído aprobada por CEN eCenelec ademais doselementos de sinalización na edificación, documento que substituirá á norma vixente UNE 17002.

Algúns dos proxectos realizados durante 2020 estiveron relacionados coa mellora na accesibilidade de espazos públicos como os portos de Cangas, Moaña e Bueu para Portos de Galicia; os plans de mellora na accesibilidade nos concellos de Ponteareas, Pontevedra e Barbadás;  asesoramento en obra nova no concello de Santiago de Compostela, asesoramento á Consellería de Infraestrutura en obras como o Camiño de Santiago e a Intermodal de Santiago, e tamén na flota de transporte urbano de Barcelona.

Empresas privadas tamén contactaron con COGAMI para seren asesoradas na mellora da accesibilidade, na prestación de servizos como o turismo ou a certificación da accesibilidade de colectores adaptados para a reciclaxe.

Nos 18 anos de traxectoria da área de accesibilidade de COGAMI lévanse resolto un total de 3.341 consultas sobre como facer habitables para todas as persoas espazos tanto privados como públicos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad