Redacción 19/01/2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe deste vehículo ECO, financiado polo Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Segundo o Concello, o novo vehículo estará destinado a labores de preservación do medio ambiente. 

 

A Xunta destinou máis de 31.800 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental á adquisición deste vehículo ECO, que permitirá aos axentes da Policía ambiental do concello realizar tódalas actuacións relacionadas co coidado do entorno como a investigación das denuncias relacionadas cos residuos sólidos urbanos ou as queimas e verteduras incontroladas. Trátase ademais dun vehículo de consumo ecolóxico, é dicir, de maior eficiencia enerxética, o que reduce os custos de mantemento, ao mesmo tempo que contribúe ao obxectivo do concello de loitar contra o cambio climático coa redución das emisións de dióxido de carbono. 

O Goberno galego dá así resposta á demanda do concello para ampliar a frota a Policía Local empregada nestas tarefas. A colaboración da Xunta co municipio de Mos neste proxecto enmárcase no Fondo de Compensación Ambiental, no que o Goberno galego investiu un orzamento de 12,5 millóns de euros na convocatoria de 2020, dirixidos a melloras ambientais nos concellos galegos. En concreto, ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad