Redacción 17/01/2021

A parcela de titularidade municipal vendeuse á firma “IBEREMBAL” por máis dun millón de euros

 

 

O Concello do Porriño anuncia a venda dunha parcela de titularidade municipal á firma “IBEREMBAL” por un importe de 960.000 €, cantidade á que hai que engadir o correspondente 21% de IVE.

O terreo, localizado no PPI-7, ten 13.335 m2 de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. A firma compradora vai construir unha fábrica de envases metálicos para conservas alimenticias.

“IBEREMBAL” foi a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas convocado polo Concello do Porriño, que rematou en decembro de 2020.

A operación realizase mediante un decreto da Alcaldía, despois de que no último pleno da Corporación Local, celebrado o 30 de decembro, a suma de votos do PP bloquease a aprobación da venda, que suporá un ingreso moi importante para a tesourería municipal.

Segundo estableceu o pacto de goberno municipal que firmaron PSOE e BNG, a Alcaldía delegou no pleno da Corporación, desde decembro de 2019, as competencias sobre vendas, permutas, arrendamentos e cesións de bens inmobles de titularidade municipal. Sen embargo, debido ao bloqueo motivado polos votos do PP, a Alcaldía decidíu avocar para sí esta competencia delegada con carácter especial, para a formalización da venda desta parcela, segundo o decreto firmado pola alcaldesa, Eva García con data de 12 de xaneiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad