O obxectivo desta medida adoitada polo Sergas é a busca de posibles portadores asintomáticos cun único fin preventivo.
A Consellería de Sanidade ven de comunicar que, co fin de valorar a situación atual da pandemia, unha vez finalizadas as festas do Nadal, estáse contemplando facer un estudo en busca de posibles portadores asintomáticos da COVID-19, tal e como se veñen tamén facendo noutros Concellos da Área Sanitaria.
Este cribado comezará a realizarse o vindeiro luns, 11 de xaneiro, pero as chamadas para as citación empezarán a facerse xa a partires de hoxe, sábado 9 de xaneiro. O Sergas vai convidar deste xeito a realizase a proba PCR a 3.000 veciños de Mos, cifra que ven establecida en función do número de habitantes e da incidencia do virus en cada municipio.