Redacción 24/12/2020

A obra da casa que ardera en Pereiras está xa rematada e a familia, que recibiu onte as chaves da vivenda rehabilitada, pode regresar ao seu fogar para celebrar as festas natalicias. 

 

Aproveitaron a ocasión para visitar a casa de Pereiras a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen entregou as chaves á familia fronte ás cámaras, e o concelleiro Leo Costas. Tamén visitou a familia o Presidente da Comunidade de Montes de Pereiras, Jorge Lorenzo, membros de Cáritas Pereiras-Petelos, e o veciño da zona e membro da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, que fixo as veces de albañil encargado da obra, Raimundo Pérez Rodríguez.

A rehabilitación desta vivenda, afectada por un grave incendio, foi posible grazas á colaboración mediante aportacións altruistas e desinteresadas de voluntarios, veciñanza, Asociación de Veciños, Comunidade de Montes, Concello, empresas e traballadores municipais.

O incendio produciuse na noite do domingo 3 de novembro do pasado ano, afectando á casa de Rosa e a súa familia cun feroz lume que a destruíu case por completo. Desde entón un gran movemento solidario púxose en marcha e veciños, voluntarios de Protección Civil e traballadores municipais volcáronse no desescombro, retirada de entullos, limpeza e posterior inicio da rehabilitación da edificación, que xa se atopa por fin rematada. Celebrouse un mes despois un concerto solidario para recaudar fondos e hoxe, grazas ás achegas solidarias de moita xente, a familia puido recuperar o seu fogar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad