Redacción 24/12/2020

O Festival de Cans reparte 25 Cestas de Nadal entre colaboradores do certamen.

Esta entrega de cestas de Nadal realízase co apoio de Gadis, unha das empresas que mais anos leva patrocinando o Festival de Cans.

Por mor das restriccións, o certame só se desenvolveu en cinco casas na última edición, pero a organización decidiu facer un esforzo para que ningún dos veciños que ceden habitualmente os seus jalpóns, quedase sen este detalle navideño.

A organización tomará unha decisión nos vindeiros días sobre as datas nas que terá lugar en 2021 a nova edición do Festival de Cans.

O Festival de Cans continuou neste 2020 coa tradicional entrega das cestas de Nadal de Gadis, a todas as veciñas e veciños de aldea que colaboran co festival.
Malia que nesta edición, por mor das restriccións derivadadas da Covid-19, o festival só se desenvolveu en cinco dos seus baixos e jalpóns, desde a organización e a empresa Gadis fíxose un esforzo para manter a entrega habitual a todas as casas e veciñas e veciños que colaboran co certame.
Nesta edición, o Festival fixo entrega no Torreiro de Cans dun total de 25 cestas de Nadal que repartiu entre veciñas e veciños que prestan as súas casas e outras veciñas e veciños que colaboran desinteresadamente coa organización desde hai varios anos.
Cada unha destas cestas contiña un lote de produtos valorados en 50 euros, e esta entrega quere simbolizar un detalle de agradecemento por parte do Festival de Cans ás veciñas e veciños da aldea, neste ano tan complexo, ó mesmo tempo que suma o apoio fiel da empresa Gadis, sendo un dos patrocinadores mais fieis do Festival de Cans, desde as primeiras edicións.
Esta entrega ven sumarse ós trinta vales para mercar material didáctico e educativo que a organización repartiu no mes de Setembro entre as nenas e nenos da aldea que están en idade escolar e colaboran co festival. Aínda que este ano, o festival evitou a presenza de moitas destas nenas e nenos, mantivéronse tamén todos os vales habituais para canxear por material .educativo

Datas do Festival de Cans 2021

A organización do Festival de Cans, que en 2021 cumprirá a súa décimo octava edición, está mantendo reunións e contactando nestes últimos días do ano con veciñas e veciños, patrocinadores e institucións, para manter un intercambio de opinións, antes de decidir as datas definitivas da seguinte edición do festival.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad