Redacción 18/12/2020

Acto homenaxe ás persoas xubiladas no 2020

Hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, realizou unha homenaxe aos traballadores e traballadoras da Deputación de Pontevedra que se xubilaron neste 2020.

En total foron 23 as persoas homenaxeadas mais non todas puideron estar presentes no acto. Os e as asistentes recolleron cadansúa insignia conmemorativa tanto deste acto como de toda unha traxectoria profesional no ente provincial así como unha cesta con produtos de proximidade. 

“Creo profundamente que non finaliza nada, comeza un novo tempo e unha nova vida para desfrutar de familiares e amizades”, con estas palabras a presidenta provincial dirixiuse as persoas homenaxeadas. Silva resaltou que “este é un ano complexo e difícil no que unha pandemia global nos ten impedido facer un acto como facemos todos os anos, que era sempre multitudinario”. A presidenta quixo trasladar as persoas homenaxeadas que o goberno provincial lles ten un “enorme respecto e agradecemento” posto que “cada vez que hai que tomar unha decisión e implementala contamos co apoio de cada un e cada unha de vós”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad