Redacción 15/12/2020

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia desenvolveu un sistema intelixente para a detección de semáforos  posto a proba hoxe nunha viaxe experimental

 

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, sito no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.

Os responsables do CTAG encabezados polo seu director xeral, Luis Moreno, explicaron o sistema -que aínda está en fase de proba- á alcaldesa de Porriño, Eva García; e aos concelleiros de Tráfico, Sergio Casal e Novas Tecnoloxías, David Alonso.

Deste xeito, esta mañá realizaron unha viaxe de demostración en varios vehículos equipados con esta tecnoloxía na avenida Domingo Bueno e na avenida Antonio Palacios. 

Entre as dúas rúas suman un total de 7 semáforos equipados con dispositivos “V2X” que envían o sinal a través de ITS, G5 ou a teléfonos móbiles.  O sistema recolle a fase na que se atopa o semáforo (verde, ámbar ou vermello) e sobre o tempo restante para que o semáforo cambie de fase.

Ao remate da viaxe, a alcaldesa Eva García manifestou “o orgullo que sentimos no Porriño pola contribución que centros de investigación como o CTAG realizan para a mellora da seguridade, que supón un pulo para o desenvolvemento tecnolóxico. Como falaba con Luis Moreno, teño a satisfacción de ser a alcaldesa dunhacidade laboratorio”. O director xeral do CTAG engadiu que “non imos perder o tempo investigando o xenoma da miñoca, senón que temos como premisa desenvolver tecnoloxía útil”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad