Uxía Soto e André Martínez foron os protagonistas porriñeses en Xátiva
A vindeira fin de semana disputaranse as dúas últimas probas da Copa Galicia, o sábado no Velódromo Municipal de O Porriño e o domingo en Maceda
Valencia foi a Comunidade Autónoma na que a Copa de España de Ciclocross puso o peche final, que neste ano so puido contar con tres probas, ao non saír adiante as opcións programadas para Madrid e Valladolid, por mor da pandemia do Covid.
Dende O Porriño partiron para a Comunitat Valenciá unha pequena representación de riders da escola, onde a categoría con mais representantes foi a Cadete, con André Martínez e Martín Setelo, Uxía Soto, Ároa Otero e Marta Estévez; na categoría Júnior, Laura Mira e Hugo Martínez; Sub 23, David Fernández; e Elite, Luís Fernández Oliveira.
Na xornada do sábado a copa de España desprazábase a Xátiva, onde os riders da escola André Martínez e Uxía Soto afianzaban a súa posición de prata no ranking da copa, ao rematar ambos en segunda posición .
Na xornada do domingo os deportistas porriñeses afrontaron un circuíto de grandes rectas e totalmente chairo, o que implicou rodar a altas velocidades como si dunha carreira de ciclismo de estrada se tratase.
Nunha xornada de infarto o rider de categoría Cadete masculino conseguía manterse no grupo de cabeza, acadando entrar entre os 15 primeiros e facéndose cos puntos suficentes para poñer o broche final á Copa de España na posición de bronce.
Na categoría cadete Feminino, Uxía Soto (A.D, Avanza) e Mª Filgueiras (tamén corredora galega do Caimanes de Betanzos) mantiñan unha loita de infarto brindando ao público unha loita sen igual que mantivo en vilo aos espectadores presentes na proba, aínda que foi no sprint final onde a raider coruñesa se impuso, acadando deste xeito a porriñesa o segundo posto, que a coroaba como subcampioa da copa de España. Compre destacar tamén o 7º e 8º posto no ranking da Copa, para a Ároa Otero e Marta Estévez, respectivamente.
De volta na casa, os riders do Avanza xa teñen na mente a Copa de Galicia onde André Martínez, Uxía Soto e David Fernández tratarán de manter no seu poder o maiot de líderes a falta de dúas probas para o seu remate. Dúas probas que terán lugar a vindeira fin de semana, onde na xornada do sábado o Velódromo de O Porriño albergara unha vez mais unha proba da Copa Galicia de Ciclocross; e xa na xornada do domingo, será o Concello ourensá de Maceda quen porá o broche final.