Dende hoxe e ata o xoves o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobrewebinars, redes sociais, sostibilidade, Google My Business e IoT
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, ofertaesta semanacinconovas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobrenovas vías coas que promocionar produtos no entorno online, a mellora da sostibilidade e o IoT, unha das principais tecnoloxías de vangarda.
En concreto, este martes 15impartirase o obradoiro“Infoprodutos de vídeo: o webinar”, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Pola tarde terá lugar a intervención de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, quen falará de“Vender os teus produtos en Facebook e Instagram”.
O mércores 16 será a quenda de “Cómo mellorar a sostibilidade do teu establecemento turístico”,neste caso o obradoiro será impartido porMariana Rosa, graduada en Turismo pola Universidade de Vigo. Por último, o xoves 17Adrián Fernánez, licenciado en Comunicación Audiovisual, falará sobre“Promocionar o teu negocio con Google My Business”; e, pola tarde, Manuel Freire, experto universitario en Robótica explicará “Qué é o IoT e qué promete”.