O goberno dirixido por Nidia Arévalo estabelece unha liña telefónica para a concertación de reservas para visitas á cidade deportiva do Celta en Mos a través da administración mosense.
En horario de 09.00 horas a 14.00 horas, de luns a venres, as persoas interesadas poderán contactar co Concello no 986 33 74 53.
Ademais desde o Concello de Mos remitirase invitación oficial para realizar este tipo de visitas guiadas ás Asociacións Veciñais e Culturais do municipio, Comunidades de Montes e de Augas, clubes deportivos e colexios. Agora desde o Concello actívase este novo servizo para que todas as persoas que desexen coñecer en detalle e en persoa a Cidade Deportiva ‘Afouteza’ poidan facelo concertando unha visita guiada, previa chamada ao número de teléfono anteriormente citado.